Novas

Novas do Concello

A PRIMEIRA ETAPA DA VII VOLTA CICLISTA ÁS COMARCAS DE LUGO TERÁ A SAÍDA E A CHEGADA EN LOURENZÁ ESTE VENRES DÍA 30 DE MAIO

O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou, esta mañá, a VII Volta Ciclista ás comarcas de Lugo, que organiza da Deputación en colaboración co Club Ciclista Cidade de Lugo. Esta cita co ciclismo celebrarase esta fin de semana, en tres etapas, e contará coa participación de 15 equipos procedentes de distintos puntos do Estado.  

RÉCORD HISTÓRICO NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO

Aínda que o ano pasado o rexistro de 16 metais se antoxaba difícil de superar, nesta edición os atletas das E.D. Lourenzá Mondoñedo volveron a sorprender convertíndose nunha das mellores escadras da provincia en categorías menores, dominando sobre todo as carreiras do medio fondo benxamín e alevín. Agora a preparar o galego do vindeiro 7 de xuño en Vigo

MEDALLEIRO HISTÓRICO E.D. LOURENZÁ MONDOÑEDO.
CTO. PROVINCIAL DE ATLETISMO.

O CONCELLO REPARTIU COMPOSTEIROS AOS VECIÑOS QUE PARTICIPARÁN NA NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA E TEN ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NA VIAXE GRATUÍTA AO COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE SOGAMA, EN CERCEDA, O DÍA 9 DE XUÑO

O Concello de Lourenzá repartiu composteiros entre os veciños que se inscribiron para participar na nova campaña de compostaxe doméstica promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense a través dun convenio con Sogama. No acto de entrega do material estivo a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.
Ademais o Concello de Lourenzá ten aberto o prazo para inscribirse na viaxe gratuíta a Cerceda para que os veciños visiten o complexo medioambiental de Sogama. Será o día 9 de xuño, luns.

O CONCELLO ORGANIZA UNHA VIAXE GRATUÍTA A CERCEDA PARA QUE OS VECIÑOS VISITEN O COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE SOGAMA O DÍA 9 DE XUÑO

O Concello de Lourenzá organiza unha viaxe gratuíta a Cerceda para que os veciños visiten o complexo medioambiental de Sogama. Será o día 9 de xuño, luns.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, anunciou hoxe que “con motivo da celebración o vindeiro 5 de xuño do Día Mundial do Medio Ambiente o Concello de Lourenzá xunto con Sogama invitamos aos nosos veciños a visitar o complexo medioambiental que teñen en Cerceda. Esta viaxe é para todas as persoas adultas que queiran facelo, de xeito gratuíto. Saírase ás oito e media da mañá de Lourenzá”.

O CONCELLO ANUNCIA UNHA CAMPAÑA VOLUNTARIA DE VACINACIÓN DE CANS QUE SE LEVARÁ A CABO NAS CATRO PARROQUIAS DO MUNICIPIO A PARTIR DE MAÑÁ, MÉRCORES

O Concello de Lourenzá anuncia a posta en marcha dunha campaña voluntaria de vacinación de cans que se levará a cabo nas catro parroquias do municipio. Comezará mañá, mércores 21, na parroquia de Santa María; o xoves 22 será en San Xurxo; o luns 26 farase en Santo Tomé e o martes 27 en Santo Adrao.
A campaña será para levar a cabo diferentes tipos de vacinacións, desparasitacións e a emisión de nova cartilla pasaporte xunto con implantación de microchip para aqueles animais que aínda non o teñan.

AARÓN RIVAS, SUBCAMPIÓN GALEGO DE TRIPLE SALTO

No día de onte un novo atleta das Escolas Deportivas subía ó caixón dun Campionato Galego de Atletismo, e nesta ocasión sería na Categoría Cadete que se celebrou durante toda a xornada do sábado en Vilagarcía de Arousa. Aarón Rivas fixo un mellor salto de 11 metros e 28 centrímetros, alcanzando así a medalla de prata no seu último salto. Ademáis, este gran deportista alcanzaba a 4ª posición na final dos 1500 obstáculos con un tempo de 5,08,91 e era 6º na final de xabalina cunha marca de 31,13.

A CORPORACIÓN MUNICIPAL APROBOU POR UNANIMIDADE SOLICITARLLE Á REAL ACADEMIA GALEGA QUE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DE 2020 SE DEDIQUE Á FIGURA DO INTELECTUAL LAURENTINO FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

A corporación municipal de Lourenzá, no pleno celebrado hoxe, aprobou por unanimidade solicitarlle á Real Academia Galega que o Día das Letras Galegas do ano 2020 se dedique á figura do intelectual laurentino Francisco Fernández del Riego. Tamén acordou propoñer ao Concello de Vigo e á Fundación Penzol que se sume a esta petición.

ANDAINA ATA A ROMARÍA DE SANTA CRUZ

Este pasado domingo día 11 a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá participou na Romería da Santa Cruz. Pola mañá cedo botámonos a andar dende o Santuario de Santo Estebo do Ermo, en Barreiros ata a Capela da Santa Cruz, en A Tilleira, Lourenzá, un percorrido duns 15 km e de dificultade media-baixa. Unha vez ali, bailamos na sesión Vermouth e disfrutamos dunha comida campestre no campo da festa, onde comimos empanada en rollo, churrasco, pulpo e como non, rosca de Santa Cruz. Tamén houbo café de pota e queimada.

Distribuir contido