Novas

Novas do Concello

A Alcaldesa di que a cordura chegou por fin ña Deputación de Lugo despois de aprobarse por unanimidade no pleno de hoxe que a institución provincial faga cargo do vial coñecido como "Camiño A"

Lourenzá, 30 de outubro de 2012. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, asistiu hoxe ao pleno da Deputación de Lugo onde se aprobou por unanimidade unha moción do Partido Popular para que a institución provincial se faga cargo definitivamente da estrada coñecida como Camiño A.

As oficinas dos servizos municipais ampliarán os seus horarios a partir do 2 de novembro para mellorar a atención aos veciños. Anunciouno a Alcaldesa, Emma Álvarez

Lourenzá, 26 de outubro de 2012. A partir do vindeiro venres, día 2 de novembro, as oficinas do Concello de Lourenzá ampliarán os seus horarios. Anunciouno a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen explicou que “co ánimo de achegar a administración local aos nosos veciños e ampliar os servizos que dende o Concello lles ofrecemos decidimos ampliar o horario de apertura ao público de distintas oficinas vinculadas a trámites administrativos”.

Concerto Luar na Lubre

luar na lubreDende o Concello de Lourenzá informase que o vindeiro sábado 18 de decembro terá lugar o concerto de Luar na Lubre, que servirá de presentación en Galicia do seu novo traballo “Solsticio”, <

CHARLA INFORMATIVA SOBRE A VENDA DE PARCELAS DA 2ª FASE DO PARQUE EMPRESARIAL DE LOURENZÁ

A charla informativa terá lugar o vindeiro mércores día 17 de Febreiro a partir das 20:00 horas no Salón de Actos do Concello.

Lourenzá, 13 de Febreiro do 2010.- Con motivo da recente publicación no DOG do día 2 de febreiro do anuncio do concurso da venda de parcelas da 2ª fase no parque empresarial de Lourenzá o Concello de Lourenzá organiza unha charla informativa para dar a coñecer o Prego das bases que rexerá este concurso.

Presentación da nova edición da Festa da Faba

Nunha conferencia de prensa celebrada hoxe presentouse a programación da XVII FESTA DA FABA que este ano estará dedicada á música.
O programa inclúe actuacións musicais de primeiro nivel, catas de viños, de fabas, exposicións artísticas, exposición no Claustro e no Cantón, actuacións folklóricas, e festa infantil.

Distribuir contido