O CONCELLO ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DO TALLER DE MEMORIA. OS/AS INTERESADOS/AS EN PARTICIPAR PODEN INSCRIBIRSE ATA O VINDEIRO 11 DE OUTUBRO NO CENTRO SOCIAL TORREÓN DOS FRADES
Lourenzá, 24 de setembro de 2013. O Concello organiza unha nova edición do taller de memoria. A inscrición está aberta e rematará o 11 de outubro, tal e como informa a alcaldesa, Emma Álvarez, a través dun bando.
O taller será impartido polo departamento de Servizos Sociais do Concello. No bando sinálase que “para realizar a inscrición hai que achegarse ata o centro social Torreón dos Frades de 10 a 13 horas ou poñerse en contacto con Dolores Villasuso, a educadora familiar, chamando ao seguinte teléfono: 982 12 10 36”.