O CONCELLO ENCARGOUSE DA RESTAURACIÓN DOS CABEZUDOS PARA QUE SAIAN NAS FESTAS DO CONDE SANTO, QUE SE RECUPERARON DESPOIS DE NON CELEBRARSE O ANO PASADO
Lourenzá, 24 de agosto de 2013. O Concello de Lourenzá encargouse da restauración dos seis cabezudos que acompañan tradicionalmente ós Cocos nas festas do Conde Santo. Os festexos de Vilanova recupéranse este ano despois de non celebrarse no 2012.