Novas

Novas do Concello

O LIBRO "UN NÓMADA EN BICICLETA", DE DAVID VAL, PRESENTARASE ESTE VENRES NO SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL

O libro titulado "Un nómada en bicicleta. Pedaleando alrededor del mundo", de David Val Pena, presentarase no salón de actos do Concello de Lourenzá este venres, día 3 de maio, ás 20:00 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá.

Durante o acto proxectarase diverso material audiovisual que recolle momentos da viaxe de David Val e haberá unha charla coloquio co autor da publicación.

O CONCELLO DE LOURENZÁ CONVOCA DOUS CONCURSOS PARA A FESTA DO MAIO QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO DÍA 1. OS CERTAMES PREMIARÁN OS EDIFICIOS E OS SOMBREIROS MELLOR ADORNADOS

O Concello de Lourenzá convoca dous concursos co gallo da celebración da Festa do Maio, que terá lugar o vindeiro día 1, mércores. Nun dos certames premiaranse as fiestras, balcóns, portais ou escaparates mellor decorados das rúas polas que pasa o percorrido tradicional do Maio. O outro concurso agasallará aos sombreiros mellor adornados que acompañen ao Maio no desfile, que sairá do mercado gandeiro ás 16:30 horas.

A ORQUESTRA PANORAMA OFRECERÁ EN LOURENZÁ ESTE XOVES A SÚA PRIMEIRA ACTUACIÓN NA PROVINCIA DE LUGO CO SEU NOVO ESPECTÁCULO, NUMBER ONE TOUR

A orquestra Panorama ofrecerá en Lourenzá a súa primeira actuación na provincia de Lugo co seu novo espectáculo para esta tempada, denominado Number One Tour. Será este xoves, día 18, a partir das 00:30 horas no recinto feiral, que estará cuberto con carpa.

A actuación da orquestra Panorama en Lourenzá é o prato forte do festival Vilou Spring Fest, que organiza a asociación Conde Santo e que inclúe tamén sesión vermú a cargo de Decibelios Eventos e de DJ Billy.

LOURENZÁ ACOLLE ESTA SEMANA SANTA O SEU TORNEO INTERNACIONAL DE BALONCESTO FEMININO, A CUARTA REUNIÓN DE AMIGOS DE VESPA&FABA E O VILOU SPRING FEST, NO QUE ACTUARÁ A ORQUESTRA PANORAMA O XOVES 18

O Concello de Lourenzá acollerá esta vindeira Semana Santa o torneo internacional de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, a 4ª reunión de Amigos de Vespa&Faba e Clásicos, e tamén o Vilou Spring Fest, que se celebrará o xoves 18 e que inclúe a actuación da orquestra Panorama. Todos estes eventos foron presentados conxuntamente por representantes dos colectivos organizadores coa alcaldesa laurentina, Rocío López.

ANUNCIO SOBRE O REGULAMENTO DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA "MENIÑOS"

Elaborado o texto da modificación do REGULAMENTO PUNTO ATENCIÓN INFANCIA "MENIÑOS" de LOURENZÁ, publícase no portal web deste Concello, co obxecto de dar audiencia aos cidadáns afectados e solicitar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades durante o prazo de trinta días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

AS TERCEIRAS XORNADAS DE HISTORIA LOCAL CELÉBRANSE MAÑÁ E O SÁBADO NO SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL

A terceira edición das xornadas de historia local organizadas polo Concello de Lourenzá celebraranse mañá, venres, e o sábado no salón de actos municipal.

Mañá ás 19:00 horas proxectarase o documental Os días afogados, que foi Premio Mestre Mateo 2016. E rematará a primeira xornada coa conferencia Historia, mito e lenda do Conde Santo Osorio Gutiérrez, a cargo do historiador Carlos Andrés González Paz, que é doutor en Historia Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela e desenvolve o seu labor investigador no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

Distribuir contido