Novas

Novas do Concello

ENTREGADOS OS PREMIOS DO CERTAME DE POESÍA DE NADAL ORGANIZADO POLA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE LOURENZÁ

Onte, mércores, tivo lugar a entrega de premios do Certame de Poesía de Nadal organizado pola Biblioteca Municipal de Lourenzá.

No acto participaron a alcaldesa, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; a educadora familiar María Dolores Villasuso; e a técnica de Cultura María José López.

A relación de galardoados é a seguinte:

Categoría A:

Iria Álvarez Valea, de 8 anos

O CONCELLO ORGANIZA UN PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DAS PARROQUIAS, QUE SE DESENVOLVERÁ DESDE FEBREIRO ATA MAIO. HABERÁ ACTIVIDADES DE NOVAS TECNOLOXÍAS, XIMNASIA DE MANTEMENTO, PILATES, MANUALIDADES E ARTES DECORATIVAS

O Concello de Lourenzá organiza un programa de dinamización das parroquias, que se desenvolverá desde febreiro ata maio. Haberá actividades de novas tecnoloxías, ximnasia de mantemento, pilates, manualidades e artes decorativas. O prazo de inscrición abriuse hoxe e rematará o 8 de febreiro.

PAIS E NAIS DE LOURENZÁ TRASLADARAON AO GOBERNO MUNICIPAL QUEIXAS POLAS DEFICIENCIAS NO SERVIZO DE PEDIATRÍA. ESTE VENRES HABERÁ OUTRA REUNIÓN PARA ASINAR UN ESCRITO QUE TRATARÁN NO PLENO DO CONCELLO E ENVIARÁN AO SERGAS E Á XUNTA

Pais e nais do concello de Lourenzá trasladaron á alcaldesa, Rocío López, e ao primeiro tenente de alcalde, Manuel Arango, queixas polas deficiencias no servizo de pediatría que se presta no centro de saúde. Para este venres, día 18, convocaron outra reunión, na que está previsto asinar un escrito que tratarán no pleno do Concello e despois enviarán ao Sergas e á Xunta de Galicia.

OITO NEN@S RESULTARON PREMIADOS NO CONCURSO DE POESÍA DE NADAL ORGANIZADO POLA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Oito nenos e nenas resultaron premiados no concurso de poesía de Nadal organizado pola biblioteca municipal de Lourenzá.

A relación de galardoados é a seguinte:

 

Categoría A:

Iria Álvarez Valea, de 8 anos

Sara Terrón Martínez, de 8 anos

 

Categoría B:

David Cillero Oural, de 11 anos

Mónica Varela Barreira, de 11 anos

David Rivas Oliveros, de 11 anos

 

Categoría C:

Cristian Rodríguez Letu, de 12 anos

Juan David Prado López, de 12 anos

Fátima Itrih de 12 anos.

 

A CARPA INSTALADA NO CAMPO DO MOSTEIRO DE SAN SALVADOR ACOLLE O PLANETARIO CIENCIA KIDS O VINDEIRO MÉRCORES, DÍA 26

A carpa instalada no Campo do Mosteiro de San Salvador acollerá a actividade denominada Planetario Ciencia Kids o vindeiro mércores, día 26 de decembro. É unha iniciativa promovida pola Deputación Provincial de Lugo.

Esta actividade está destinada a todos os públicos e desenvolverase en tres sesións dunha hora de duración: ás 16:30, as 17:30 e ás 18:30 horas.

 

Distribuir contido