Novas

Novas do Concello

DOUS ALUMN@S DO CEIP JUAN REY FORON PREMIADOS NA FASE PROVINCIAL DO CERTAME PROVINCIAL DAS LETRAS GALEGAS

Dous alumn@s do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, foron premiados na fase provincial do certame provincial das Letras Galegas.

O edil de cultura, Manuel Arango, en nome do Concello de Lourenzá, felicita aos alumnos do CEIP Juan Rey premiados na fase provincial do Certame das Letras Galegas da Biblioteca Nodal de Lugo. Claudia Carril Cabaleiro, de 11 anos, obtivo o primeiro premio en narración e un accésit en debuxo e Sergio García Barrera, de 8 anos, logrou o terceiro premio en debuxo.

A ALCALDESA E O CONCELLEIRO DE CULTURA ENTREGARON OS PREMIOS DO CONCURSO DE POESÍA E NARRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS CONVOCADO POLA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL

A alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, entregaron os premios do concurso de poesía e narración das Letras Galegas convocado pola biblioteca pública municipal.

No apartado de narración os premiados son: Lidia Díaz Ventoso, Daniela Yáñez Lorenzo, Henar Méndez Piñeiro, Claudia Carril Cabaleiro, Adriana Polo González, Chayma Amernis Talhimt, Mario Moirón Martínez, Adriana González de la Barrera e Nerea Álvarez Valea.

4 Metais das Balas do Maderas Barcia Lourenzá No Galego de Menores!!!

Carmen García Vázquez. Medalla de Bronce Salto de Altura Alevín Campionato Autonómico Atletismo Aire Libe. Vigo. Temporada 2016/2017

Carlos Docampo Iglesia. Campión Galego Salto de Altura Benxamín Campionato Autonómico Atletismo Aire Libe. Vigo. Temporada 2016/2017

Fernando Vallines Fernández. Medalla de bronce Infantil en peso Campionato Autonómico Atletismo Aire Libe. Vigo. Temporada 2016/2017

Iria Rodríguez Ares. Subcampiona Galega de 1000 lisos alevín Campionato Autonómico Atletismo Aire Libe. Vigo. Temporada 2016/2017

 

17 Balas do Maderas Barcia Lourenzá son elexidas para o Campionato Autonómico de menores que terá lugar en Vigo(Balaídos) o vindeiro domingo 11 de Xuño!

Todos os admitidos e orden ránking final en:

http://www.atletismogalego.com/inscritosvigo110617.pdf

 

Os elexidos:

Benxamín:

Carlos Docampo a Altura e a Lonxitude

Pablo Reigosa a Lonxitude e a Altura

Izan Rivas a Lonxitude e a 50 lisos

Emma Garcia a Pelota

Henar Méndez a 500 lisos e lonxitude

 

Alevín:

Brais Díaz a peso e xabalina

David Martínez a altura

O MERCADO COMARCAL GANDEIRO ACOLLERÁ UN CIRCUÍTO DE EDUCACIÓN VIARIA ESTE VENRES, DÍA 9. ESTÁ ACTIVIDADE GRATUÍTA ORGANIZADA POLO CONCELLO ESTÁ DIRIXIDA A NEN@S E RAPACES DE 3 A 16 ANOS

O mercado comarcal gandeiro de Lourenzá acollerá un circuíto de educación viaria este venres, día 9, de seis a oito da tarde. Esta actividade gratuíta organizada polo Concello está dirixida a nenos, nenas, rapaces e rapazas de 3 a 16 anos de idade.

Os interesados en participar deben apuntarse na biblioteca municipal e o prazo remata mañá, xoves, día 8.

Distribuir contido