O DESFILE DE ENTROIDO CELEBRADO ONTE FOI UN ÉXITO DE PÚBLICO GRAZAS AO BO TEMPO
A concelleira de Cultura en Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, destacou que o desfile de Entroido celebrado onte en Vilanova foi un éxito de público grazas ao bo tempo.
A concelleira de Cultura en Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, destacou que o desfile de Entroido celebrado onte en Vilanova foi un éxito de público grazas ao bo tempo.
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, fixo público un bando para informar dos cambios no tráfico ocasionados polo desfile de Entroido que se celebrará este domingo en Vilanova con 4.675 euros en premios.
Ainara Rguez. accede ó palmarés da Federación Galega de Atletismo como mellor marca na velocidade galega dos 60 lisos en pista cuberta realizado o pasado 22 de febreiro na Copa Deputación en Lugo. A marca rexistrada é de 9 segundos 17 centésimas.
O vindeiro sábado día 8 de marzo a sección de atletismo desprazarase á Pobra do Caramiñal para participar no Cto. Galego de Campo a través.
Estarán os equipos alevín feminino, alevín masculino, cadete feminino e Aarón Rivas formando parte do equipo cadete masculino da AD A Mariña.
A saída tivo ligar ás 7:00 horas dende Lourenzá chegando á estación ó redor das 10:30. A partir das 11:30 e en grupos reducidos os participantes nesta excursión recibiron clases de esquí durante 3 horas con monitores especializados. Logo de repoñer forzas ó mediodía, pola tarde puxeron en práctica os coñecementos adquiridos durante a xornada de mañá, para emprender o regreso ás 17:30 horas. Todos disfrutaron desta nova experiencia e xa pensan en repetir no sucesivo unha nova saída para disfrutar deste deporte.
Lourenzá, 4 de marzo de 2014. O Concello de Lourenzá renovou o convenio coa a asociación cultural Osorio Gutiérrez para a xestión da escola municipal de música e danza, que actualmente ten 30 alumnos.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, anunciou a firma “dun novo convenio de colaboración entre o Concello de Lourenzá e a asociación cultural Osorio Gutiérrez para a xestión da escola municipal de música e danza. En nome da asociación asinou a súa presidenta, María José Freire García”.
O punto de atención á infancia Meniños, de Lourenzá, celebrou o Entroido cun desfile dende as instalacións do centro educativo ata a Praza do Concello. Ademais os nenos e nenas, coas súas familias e as educadoras do PAI compartiron unha merenda con doces típicos destas datas.
A sección de atletismo triunfou de novo, esta vez na cita máis importante do inverno, o Cto. Galego de pista cuberta disputado o pasado sábado 1 de marzo en Riazor.
RESULTADOS:
- ANA VALLINES FERNÁNDEZ. CAMPIONA GALEGA DE 1000 METROS LISOS
CATEGORÍA ALEVÍN FEMININO.
Ana proclamouse campiona galega de 1000 metros con um tempo de 3,27,70; o que supón a súa mellor marca persoal(MMP) do ano.
Lourenzá, 28 de febreiro de 2014. O ximnasio municipal de Lourenzá foi adxudicado á empresa local Ana Sport, que ten un mes de prazo para reabrir as instalacións. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, destaca o amplio horario e as actividades que ofrecerá.