Novas

Novas do Concello

A alcaldesa critica ao vicepresidente primeiro da Deputación Provincial por non atender ás súas reiteradas solicitudes de reunirse con el dende xaneiro para falar da Festa da Faba e de infraestructuras deportivas.

Lourenzá, 17 de abril de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, critica ao vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Lugo, Antonio Veiga, porque non atende ás solicitudes de entrevista con el que a rexedora leva facendo dende o pasado mes de xaneiro en reiteradas ocasións e por diversos medios, incluso a través do concelleiro do Bloque Nacionalista Galego en Lourenzá.

O Concello proxecta mellorar alumeados públicos cun investimento de 24.000 euros. Xuntouse con A Pontenova e Trabada para optar a maior subvención da Xunta

Lourenzá, 13 de abril de 2013. A comisión de goberno do Concello de Lourenzá acordou solicitar unha subvención á Xunta de Galicia, concretamente ao Inega, para aforro enerxético. Neste campo o goberno municipal proxecta investir 24.000 euros para mellorar dous alumeados públicos, os de Pedrón e Villapol. Co obxectivo de poder optar a maior porcentaxe de subvención o Concello de Lourenzá xuntouse cos de A Pontenova e Trabada, que entre os tres prevén un investimento total de 73.365 euros.

O Concello e a Asociación de Comerciantes organizan un certame de narración e debuxo sobre Lourenzá para alumnos de primaria e secundaria da Mariña. A idea xurdiu do propietario da Pastelería Cabaleiros que ademais é o patrocinador

Lourenzá, 5 de abril de 2013. O Concello e a asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Lourenzá (Acial) co patrocinio de Pastelería Cabaleiros, cuxo propietario é Isidro Rodríguez Loredo, convocan a primeira edición dun certame de narración e debuxo denominado “Lourenzá, arte e historia no camiño”.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil tramita ata o día 13 deste mes as solicitudes para os campamentos de verán da Xunta

Lourenzá, 5 de abril de 2013. A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Lourenzá, que está situada nas dependencias da Biblioteca Pública Municipal "Juana de Ibarbourou", tramita ata o día 13 deste mes de abril as solicitudes de todos aqueles rapaces e rapazas interesados en participar nos Campamentos de Verán que organiza a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Campamentos de Verán que organiza a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

Dende a OMIX de Lourenzá (Oficina Municipal de Información Xuvenil; situada nas dependencias da Biblioteca Pública Municipal "Juana de Ibarbourou"), tramítanse ata o día 13 de abril as solicitudes de todos aqueles rapaces/as, interesados en participar nos Campamentos de Verán que organiza a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Se estás interesado/a, infórmate en horario de 17 a 20h ou no teléfono 982 12 15 52 (no mesmo horario).

A comisión municipal de goberno aprobou a licenza para construír o Museo no Pazo de Tovar e o procedemento para contratar as obras

Lourenzá, 4 de abril de 2013. Despois da autorización que concedeu ao Concello de Lourenzá a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para a execución do Museo e Centro de Interpretación da Cultura dos Pazos Galegos a comisión municipal de goberno aprobou a licenza para iniciar a obra e tamén o procedemento para contratala, “que será a través de procedemento negociado sen publicidade, que é o que nos esixe a lei”, anunciou a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.

O Concello convoca unha xuntanza para crear un grupo de sendeirismo que se celebrará este venres. O día 13 deste mes Lourenzá acollerá unha ruta organizada pola Asociación Pasada das Cabras, de Burela

Lourenzá, 3 de abril de 2013. O Concello de Lourenzá promove a creación dun grupo de sendeirismo no municipio e para iso convoca aos veciños interesados a unha reunión que se celebrará este venres, día 5, ás oito da tarde. O concelleiro de Deportes e Xuventude, Pablo Maseda, tamén anunciou hoxe que Lourenzá acollerá o día 13 deste mes, sábado, unha ruta de sendeirismo organizada pola asociación Pasada das Cabras, de Burela, coa colaboración do Concello laurentino.

Distribuir contido