Novas

Novas do Concello

Os alumnos de Primaria do Ceip Juan Rey, de Lourenzá, visitaron hoxe a exposición Mulleres no obxectivo

Os alumnos de Primaria do Ceip Juan Rey, de Lourenzá, visitaron hoxe a exposición Mulleres no obxectivo, composta por 23 imaxes de fotoxornalistas galegos, mostra que foi inaugurada con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres e que está aberta na Casa da Cultura de Lourenzá ata este venres, día 22. Recibiron as explicacións da técnica de Cultura do Concello, María José López Noceda.

Equipos de País Vasco, La Rioja, Comunidad Valenciana e Galicia participarán no Décimo Torneo de Baloncesto Feminino organizado polo Concello, que se celebrará do 28 ao 30 deste mes no Polideportivo Municipal

Lourenzá, 19 de marzo de 2013. O polideportivo municipal de Lourenzá acollerá do 28 ao 30 deste mes de marzo a décima edición do torneo de baloncesto feminino que organiza o Concello e no que participarán equipos de catro comunidades autónomas. Na programación deste evento deportivo inclúense varias actividades paralelas.

O Concello Organiza unha charla sobre a Lei de Montes para conmemorar o Día Forestal Mundial o vindeiro Xoves, día 21 deste mes. Falará o Subdirector Xeral de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais, Miguel Ángel Cela

Lourenzá, 14 de marzo de 2013. Co gallo do Día Forestal Mundial, que se celebra o vindeiro 21 de marzo, o Concello de Lourenzá organiza unha charla para “explicar a primeira lei de montes de Galicia, a lei 7/2012 de 28 de xuño, que xa está en vigor desde o 17 de agosto do ano pasado”, anunciou hoxe a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, que na súa etapa como deputada autonómica foi poñente desa lei.

Presentouse no Salón de Actos do Concello de Lourenzá a nova equipación das Escolas Deportivas para esta nova temporada, así como a renovación dos patrocinadores

O pasado venres presentouse no Salón de Actos do Concello de Lourenzá a nova equipación das Escolas Deportivas para esta nova temporada, así como a renovación dos patrocinadores. No acto estiveron Emma Álvarez Chao, alcaldesa de Lourenzá; Pablo Maseda Fdez, concelleiro de Deportes; e os capitáns do primeiro equipo Dani Rego, Montxinho Seivane, David "Garrafín" e Iván Recalde.

Celebrada a primeira sesión do obradoiro de baile moderno e hip hop organizado pola Concellería de Educación

83 alumnos de 6 a 12 anos de idade do Ceip Juan Rey, de Lourenzá, participaron hoxe na primeira sesión do obradoiro de baile moderno e hip hop organizado pola Concellería de Educación, da que é responsable Lupe Flórez Seivane. Esta actividade continuará en Semana Santa (dende o luns 25 ata o mércores 27 deste mes) e poderán participar nenos e rapaces de 6 a 24 anos. Os interesados deben anotarse na biblioteca pública municipal en horario de cinco a oito da tarde. O prazo de inscrición remata o xoves, 21.

Inauguración da exposición "Mulleres no obxectivo", na Casa da Cultura de Lourenzá

Na sala de exposicións da Casa da Cultura de Lourenzá pódese ver ata o vindeiro 22 de marzo a exposición Mulleres no obxectivo, composta por 23 imaxes de fotoperiodistas galegos e galegas que recollen o día a día das mulleres. O horario de visita é de 17 a 20 horas. A mostra foi inaugurada na tarde de onte pola alcaldesa, Emma Álvarez, acompañada da concelleira de Educación e Cultura, Lupez Flórez, e de responsables do departamento de Servizos Sociais. Ao acto acudiron os alumnos do taller de memoria.

A Concellería de Educación organiza un obradoiro de baile moderno e hip hop. A primeira sesión será para nenos de 6 a 12 anos no colexio Juan Rey o vindeiro luns e a actividade ampliarase a rapaces de ata 24 anos na Semana Santa

Lourenzá, 8 de marzo de 2013. A Concellería de Educación de Lourenzá oferta unha actividade baseada no baile moderno e no hip hop, que “está encamiñada a nenos dende os 6 anos e a rapaces de ata 24”, anunciou a concelleira Lupe Flórez Seivane, que explicou que “este vindeiro luns, día 11 de marzo, vai ter lugar a primeira experiencia desta actividade no Ceip Juan Rey. Ao longo de toda a mañá en grupos de distintas idades os nenos de Primaria poderán achegarse ao mundo do baile moderno e concretamente do hip hop”.

Distribuir contido