Novas

Novas do Concello

AS TERCEIRAS XORNADAS DE HISTORIA LOCAL CELÉBRANSE MAÑÁ E O SÁBADO NO SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL

A terceira edición das xornadas de historia local organizadas polo Concello de Lourenzá celebraranse mañá, venres, e o sábado no salón de actos municipal.

Mañá ás 19:00 horas proxectarase o documental Os días afogados, que foi Premio Mestre Mateo 2016. E rematará a primeira xornada coa conferencia Historia, mito e lenda do Conde Santo Osorio Gutiérrez, a cargo do historiador Carlos Andrés González Paz, que é doutor en Historia Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela e desenvolve o seu labor investigador no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

ENTREGADOS OS PREMIOS DO CERTAME DE POESÍA DE NADAL ORGANIZADO POLA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE LOURENZÁ

Onte, mércores, tivo lugar a entrega de premios do Certame de Poesía de Nadal organizado pola Biblioteca Municipal de Lourenzá.

No acto participaron a alcaldesa, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; a educadora familiar María Dolores Villasuso; e a técnica de Cultura María José López.

A relación de galardoados é a seguinte:

Categoría A:

Iria Álvarez Valea, de 8 anos

O CONCELLO ORGANIZA UN PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DAS PARROQUIAS, QUE SE DESENVOLVERÁ DESDE FEBREIRO ATA MAIO. HABERÁ ACTIVIDADES DE NOVAS TECNOLOXÍAS, XIMNASIA DE MANTEMENTO, PILATES, MANUALIDADES E ARTES DECORATIVAS

O Concello de Lourenzá organiza un programa de dinamización das parroquias, que se desenvolverá desde febreiro ata maio. Haberá actividades de novas tecnoloxías, ximnasia de mantemento, pilates, manualidades e artes decorativas. O prazo de inscrición abriuse hoxe e rematará o 8 de febreiro.

PAIS E NAIS DE LOURENZÁ TRASLADARAON AO GOBERNO MUNICIPAL QUEIXAS POLAS DEFICIENCIAS NO SERVIZO DE PEDIATRÍA. ESTE VENRES HABERÁ OUTRA REUNIÓN PARA ASINAR UN ESCRITO QUE TRATARÁN NO PLENO DO CONCELLO E ENVIARÁN AO SERGAS E Á XUNTA

Pais e nais do concello de Lourenzá trasladaron á alcaldesa, Rocío López, e ao primeiro tenente de alcalde, Manuel Arango, queixas polas deficiencias no servizo de pediatría que se presta no centro de saúde. Para este venres, día 18, convocaron outra reunión, na que está previsto asinar un escrito que tratarán no pleno do Concello e despois enviarán ao Sergas e á Xunta de Galicia.

Distribuir contido