O GRUPO CHÉVERE REPRESENTA AS FILLAS BRAVAS ESTE SÁBADO, DÍA 18, NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO
O coñecido grupo teatral Chévere representa As Fillas Bravas este sábado, día 18, ás 20 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá, que organiza esta actividade coa colaboración da Deputación de Lugo. A entrada é gratuíta con aforo limitado.
O elenco desta obra de Chévere está formado por Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar.