Últimas Novas

Distribuir contido
Novas do Concello

URL: https://www.concellodelourenza.gal/taxonomy/term/2/0

Actualizado: hace 25 min 59 seg

O DESFILE DO DOMINGO DE PIÑATA EN VILANOVA DE LOURENZÁ REPARTIRÁ MÁIS DE 5.000 EUROS EN PREMIOS

Lourenzá celebrará o seu desfile de Entroido o Domingo de Piñata, día 22 de febreiro. Repartirá máis de 5.000 euros en premios e estará amenizado por Puzzle Animación.

O desfile, organizado polo Concello de Lourenzá, empezará ás 16:30 horas e as inscricións para participar poden facerse na Biblioteca Municipal de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres ou por teléfono no número 982.12.10.06; e tamén o propio domingo 22 de febreiro no recinto feiral de Vilanova de 12:00 a 15:00 horas.

ler máis

A COMPAÑÍA EL RUISEÑOR, DE CULLEREDO, GAÑA O VII CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ COA OBRA A XUNTANZA

Na tarde do pasado sábado, 13 de decembro, nunha gala con gran afluencia de público, foron entregados os premios de VII Certame de Teatro Concello de Lourenzá. A obra A xuntanza, da compañía El Ruiseñor, de Culleredo, recibiu o premio Conde Santo á mellor representación. Así mesmo recolleron o premio á mellor posta en escena e o Lourenzo ao mellor actor, que recaeu en Fernando Moares.

ler máis

O CONCELLO DE LOURENZÁ ANUNCIA OS NOMINADOS E NOMINADAS AOS PREMIOS DO VII CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO, QUE SE ENTREGARÁN O 13 DE DECEMBRO

Lourenzá, 5 de decembro de 2025. O Concello de Lourenzá dá a coñecer os nominados e nominadas aos premios do VII Certame de Teatro Afeccionado, que se entregarán nunha gala o sábado 13 de decembro.

O xurado do VII Certame de Teatro Concello de Lourenzá decidiu que os nominados e nominadas nas diferentes categorías son os seguintes:

ler máis